Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Vigo e a Zona Franca propoñen construír un hub audiovisual no antigo edificio de Fribesa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

O Concello de Vigo e a Zona Franca propoñen construír un hub audiovisual no antigo edificio de Fribesa

S. P.
Publicado: 23/03/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fribesa_vigo_hub_audiovisual.jpgO Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca apostan pola recuperación do antigo edificio de Fribesa para construír o hub audiovisual proxectado pola segunda das entidades que xa solicitou formalmente por escrito á Autoridade Portuaria de Vigo a adquisición do edificio de Frigoríficos do Berbés. O obxectivo é “recuperar patrimonio industrial, contribuír á posta en valor da fachada marítima e poñer en funcionamento un centro de produción para o sector audiovisual”.
O alcalde Abel Caballero afirmou ante o antigo edificio de Fribesa que Vigo ten que ter “por forza” un gran centro audiovisual e que “este é o momento” para avanzar na transformación da contorna portuaria, como xa ocorreu coa parcela onde se construíu o Auditorio Mar de Vigo. “Unha vez máis Zona Franca acode a apoiar á cidade”, recalcou o alcalde e presidente do Consorcio ao asegurar que a oferta ao Porto “é moi boa”.
O alcalde incidiu en que o edificio de Beiramar 73, que se atopa agora mesmo en ruínas, “é o lugar adecuado” para acoller ao sector audiovisual e recuperar a rexeneración da fronte litoral no momento en que o PXOM reordena os espazos da cidade. Caballero apelou á necesidade de ser “ambiciosos” na transformación de Beiramar e dotarlle cun espazo referente en audiovisual e en actividade cultural.
Para o delegado do Estado da Zona Franca, David Regades, “é unha oportunidade excelente para todos; non só para as administracións e o sector audiovisual, que sería o destinatario do proxecto, senón para toda a cidadanía e a contorna de Beiramar”. Regades citou varios exemplos de recuperación do patrimonio industrial e posto ao servizo da cidadanía como Matadero Madrid, Tate Modern ou o High Line.
O comité executivo da Zona Franca de Vigo abordará esta semana a oferta pública de adquisición de inmóbeis para o Hub Audiovisual, un proxecto no que o Consorcio leva traballando máis de tres anos en contacto directo co sector.
No ano 2024, a través dunha consultoría especializada para analizar as necesidades e requirimentos do sector audiovisual, concluíuse que o espazo escollido debía contar con accesos estratéxicos e amplas áreas de carga e descarga. A análise propón escenarios de entre 300 e 1.500 metros cadrados e infraestruturas que dean cabida á transformación tecnolóxica do sector e ao desenvolvemento, non só de produtos de ficción, senón á ampla variedade de formatos audiovisuais, con especial atención tamén ás necesidades específicas de promoción do sector industrial e empresarial da área de Vigo.
O documento presentaba “un diagnóstico detallado e estratéxico do contexto actual, as oportunidades e os desafíos da industria audiovisual, destacando o crecemento do sector en España, impulsado pola produción para plataformas dixitais e tamén polos subsectores da animación e os videoxogos”.
O informe identificaba os principais subsectores en Galicia (cinema, TV, videoxogos, animación, RA, son), salientando a especialización de Vigo en producións marítimas, contido educativo, eventos, turismo e servizos técnicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?