Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este verán teremos un novo xogo de Splatoon
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Este verán teremos un novo xogo de Splatoon

Redacción
Publicado: 22/04/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nswitch2_splatoonraiders.jpgNintendo confirmou o lanzamento de Splatoon Raiders o vindeiro 23 de xullo, unha nova proposta dentro da popular franquía de acción con tinta que aposta principalmente pola experiencia individual, aínda que sen renunciar a opcións cooperativas. Trátase do primeiro título completamente novo da serie desde a publicación de Splatoon 3 en 2022 e chegará en exclusiva a Nintendo Switch 2.
nswitch2_splatoonraiders_battle_02.jpg A proposta sitúa o xogador no papel dun mecanista que colabora co Clan Surimi, un trío de músicos aventureiros, nunha expedición polas illas Espiralita. O obxectivo pasa por explorar estes territorios, enfrontarse a hordas de inimigos (principalmente salmónidos) e reunir recursos e tesouros que permitan mellorar o equipamento.
A xogabilidade mantén as bases da saga, cun sistema de combate centrado no uso de armas que disparan tinta, pero introdúcese nunha estrutura máis orientada a campañas e progresión. O personaxe poderá personalizarse e equiparse con diferentes chintófanos mecánicos que modifican tanto as capacidades ofensivas como defensivas.
nswitch2_splatoonraiders_01.jpg Un dos elementos destacados é o explorabot, unha unidade controlada por un membro do Clan Surimi que presta apoio durante as misións, facilitando tanto o combate como a recollida de botín. Tras cada incursión, os xogadores regresan á base para investir os recursos obtidos en melloras, reforzando así o ciclo de progresión.
A pesar do seu enfoque individual, o xogo incorpora opcións cooperativas para ata catro participantes, tanto en liña como mediante conexión local, o que permite abordar as expedicións en equipo.


Vídeo no que se anuncia a data de lanzamento de Splatoon Raiders

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Nova remesa de xogos para Game Pass encabezada pola Patrulla Canina

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?