Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xbox prepara a súa transformación para recuperar forza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Xbox prepara a súa transformación para recuperar forza

Redacción
Publicado: 24/04/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

wide_b-1-1-ed0be9bdec45a1c25088.jpgNunha mensaxe asinada por Matt Booty e Asha Sharma, novos máximos responsables de Microsoft Gaming, recoñecen abertamente as limitacións actuais da súa plataforma de xogo, ao tempo que debullan unha folla de ruta ambiciosa centrada en converter Xbox nun ecosistema global de xogo e creación.
Admiten o descontento dunha parte dos usuarios, sinalando unha menor frecuencia de novidades en consola, unha presenza insuficiente en PC e dificultades crecentes en materia de prezos. Tamén identifica carencias estruturais en aspectos clave como a busca de contidos, a descuberta de xogos, a interacción social e a personalización, que cualifica de fragmentados. A estas críticas súmanse as demandas de desenvolvedores e editores, que reclaman mellores ferramentas e maior capacidade de crecemento dentro da plataforma.
A análise interna sitúa estes problemas nun contexto de cambio profundo da industria. O crecemento do xogo en Windows, a proliferación de modelos baseados en subscricións e a emerxencia de novos actores globais están a redefinir o mercado. Destaca tamén o impacto de propostas procedentes de equipos pequenos ou creadores individuais, así como o peso crecente de plataformas como Roblox, que compiten en escala con franquías tradicionais. Máis da metade dos ingresos e do crecemento do sector concéntranse xa fóra dos mercados históricos de Xbox.
hgetmebbgaaikcg.jpg Fronte a este escenario, a compañía propón un novo posicionamento baseado nunha idea central: «Xbox será o lugar onde o mundo xoga e crea». A estratexia aposta por unha plataforma global que conecte xogadores e creadores en múltiples dispositivos, mantendo a consola como base, pero ampliando o alcance mediante o xogo na nube. O obxectivo é permitir unha experiencia continua entre consola, PC, móbil e televisión, na que progreso, identidade e contidos acompañen ao usuario.
O plan estrutúrase arredor de catro eixes. No ámbito do hardware, preténdese consolidar a actual xeración e desenvolver novas solucións de alto rendemento, incluído o proxecto Helix, ademais de reforzar o ecosistema de accesorios. En contidos, a prioridade pasa por fortalecer as franquías existentes, ampliar a presenza en mercados emerxentes e consolidar modelos de xogo como servizo a longo prazo. A experiencia de usuario será revisada en profundidade para mellorar elementos básicos como a descuberta de xogos ou a interacción social. Finalmente, no apartado de servizos, Xbox busca reforzar Game Pass cun modelo sustentable, potenciar o xogo na nube e impulsar o crecemento mediante adquisicións selectivas.
A división de xogos de Microsoft introduce ademais un novo indicador clave de rendemento: os usuarios activos diarios, que substituirán outras métricas tradicionais como referencia principal do éxito da plataforma.
we_are_xbox_logo.jpg Tamén anuncian un cambio simbólico pero relevante: Microsoft Gaming pasará a denominarse simplemente Xbox, co obxectivo de reflectir unha identidade máis cohesionada (acompañada polo redeseño do seu logotipo). A dirección subliña a necesidade dunha cultura interna máis áxil, crítica e orientada á execución, asumindo o papel de competidor nun sector en rápida evolución.
O reposicionamento inclúe a revisión de cuestións sensibles como a exclusividade de contidos, as estratexias de lanzamento e o uso da intelixencia artificial, ámbitos nos que a empresa anticipa decisións futuras a medida que avance a súa transformación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?