Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Kreios Space mostrará no Industry Day (CITMAga) como crear satélites propulsados con partículas atmosféricas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Kreios Space mostrará no Industry Day (CITMAga) como crear satélites propulsados con partículas atmosféricas

S. P.
Publicado: 07/05/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

kreios_fundadores.jpgO CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), impulsado polas tres universidades galegas, e con sede no Campus Vida da Universidade de Santiago, organiza este 22 de maio o XV Foro de Interacción Matemática Industria (Industry Day) na Facultade de Matemáticas da USC. Neste importante encontro, no que investigadores matemáticos e representantes de empresas nacionais e internacionais amosarán como as matemáticas están a resolver problemas actuais que afectan á industria, participará a empresa Kreios Space, con sede en Nigrán, especializada no desenvolvemento de tecnoloxías para habilitar a operación sostida de satélites en órbitas terrestres moi baixas (VLEO).
Estes satélites están deseñados para operar de forma sostida arredor da Terra durante máis de cinco anos, permitindo prestacións sen precedentes en relación á observación do noso planeta e tamén no eido das telecomunicacións.
A súa principal innovación reside en que poden funcionar a altitudes de entre 150 e 300 quilómetros, unha contorna ata agora practicamente inaccesible debido ao forte arrastre atmosférico, que provoca a perda progresiva de altitude dos satélites.
kreios2.jpgLembran dende CITMAga que outro fito clave da compañía é o desenvolvemento dun sistema de propulsión sostible e único no mundo. “Para xerar o empuxe, en lugar de empregar combustible convencional utilizamos as partículas da propia atmosfera”, explica o director de proxectos, Yago Recarey. Esta tecnoloxía, coñecida como propulsión eléctrica de respiración atmosférica (ABEP), permite eliminar a necesidade de levar combustible a bordo, incrementando de forma significativa a eficiencia e permitindo compensar de maneira continua o arrastre atmosférico, o principal reto destas órbitas. Segundo sinala a empresa, na actualidade non existe ningunha solución equivalente no mercado, e prevén demostrar esta tecnoloxía en órbita no último cuadrimestre de 2027.
En relación con este fito, Kreios Space está a desenvolver un proxecto en colaboración co CITMAga, centrado na optimización do deseño aerodinámico dos seus satélites. Tal como explica Yago Recarey, “as matemáticas son fundamentais no noso traballo, especialmente nas primeiras fases de deseño, onde empregamos funcións obxectivo para optimizar o rendemento dos sistemas”. Estas funcións permiten, por exemplo, maximizar a cantidade de partículas atmosféricas que o satélite é capaz de captar para utilizalas como combustible, e minimizar a resistencia xerada pola propia plataforma satelital.
kreios1.jpgO experto sinala que “un dos principais retos tecnolóxicos é atopar o equilibrio entre reducir o arrastre aerodinámico e maximizar a captación de partículas, un problema complexo e altamente non lineal”. Para resolvelo, a empresa combina algoritmos avanzados, intelixencia artificial e computación de altas prestacións, o que permite explorar miles de deseños posibles e identificar as configuracións máis eficientes.
“Ademais, unha vez en órbita, é clave que o satélite estea correctamente aliñado co fluxo de partículas atmosféricas. Por iso, o deseño da súa forma resulta determinante, xa que condiciona directamente a capacidade de captación e, en consecuencia, o rendemento do sistema de propulsión”, explica o director de proxectos da compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?