Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cidade das TIC acolle un concerto audiovisual inmersivo de Marta Verde & José Venditti no ciclo (IN)VISUAL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cidade das TIC acolle un concerto audiovisual inmersivo de Marta Verde & José Venditti no ciclo (IN)VISUAL

S. P.
Publicado: 08/05/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

marta_verde_e_venditti.jpg Ao longo deste mes de maio, a cultura dixital contemporánea está máis que presente na cidade da Coruña co proxecto (IN)VISUAL, un novo ciclo de música audiovisual impulsado pola Deputación da Coruña, que ten lugar na Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior plató de produción virtual de España, situado na Cidade das TIC, onde antes se atopaba a antiga Fábrica de Armas da Coruña.
As experiencias de (IN)VISUAL están programadas os sábados de maio (2, 9, 16 e 23), cun total de catro concertos LIVE AV e un cartel que contará coa presenza dos e das artistas de referencia da cultura audiovisual contemporánea galega, española e internacional MAOTIK, Marta Verde & José Venditti, Estela Oliva & Ana Quiroga e MIL111. Cómpre sinalar que este emprendedor evento de arte e tecnoloxía en Galicia está impulsado pola Deputación da Coruña, coa curadoría de HITO, no marco do CEI Lab.
Indo a este sábado, 9 de maio, dicir que o (IN)VISUAL traerá unha nova experiencia a cargo da pioneira Marta Verde e o músico José Venditti. O ciclo de concertos audiovisuais inmersivos leva de novo esta fin de semana a mellor cultura dixital contemporánea á Cidade das TIC.
Habituais de espazos de referencia para a cultura contemporánea internacional como Medialab Prado, L.E.V., Casa Encendida ou o Museo Reina Sofía, o tándem artístico formado por Marta Verde & José Venditti presentarán no CEI da Coruña, este sábado, ás 20.30h, a súa obra Prima Materia, unha experiencia inmersiva e orgánica que xoga en directo cun saxofón sintetizado.
(IN)VISUAL continuará o sábado 16 de maio, ás 20.30h, da man de Estela Oliva & Ana Quiroga; mentres que o colectivo de orixe vigués MIL111 clausurará o ciclo o sábado 23 de maio, tamén ás 20 horas.
O concerto de Marta Verde & José Venditti pendurou xa o cartel de entradas esgotadas, mentres que os últimos tíckets para as dous experiencias restantes están dispoñibles en Ataquilla: o acceso é gratuíto, cun depósito de 5 euros para a súa reserva, que serán reembolsados de xeito automático na entrada ao recinto.
Achegándonos ao concerto deste sábado, Prima Materia, de Marta Verde & José Venditti, é a orixe da transmutación, a materia bruta antes da iluminación dourada. Na tradición alquímica, representa a substancia primixenia da que todo pode xurdir: o estado previo á conversión do chumbo en ouro, do caos en orde, da sombra en luz. Este novo proxecto de José Venditti e Marta Verde propón un live audiovisual que se adentra na crueza do son e na fisicidade da imaxe desde unha aproximación esencial e matérico-sensorial. Resonancias sonoras e visuais entrelázanse en tempo real, creando unha experiencia inmersiva e orgánica.
Marta Verde e José Venditti son un dúo de artistas que leva desenvolvendo performances audiovisuais desde 2015. No seu traballo exploran os límites da melodía e o ruído, harmonía e tensión, repetición e aleatoriedade, nun exercicio de equilibrio entre composición e libre improvisación. Os seus proxectos artísticos foron presentados en espazos e eventos tan sinalados como: o Museo Nacional Reina Sofía, o Festival In Sonora, LA Contemporary Dance Company, Performa NYC, L.E.V, o Festival Mira, o Centro Cultural Conde Duque, o Espacio Fundación Telefónica, La Casa Encendida, o Círculo de Bellas Artes, Medialab Prado, etc.
Para rematar, informar que o público poderá acudir á Cidade das TIC (lugar onde se van levar a cabo os concertos) polos seus propios medios ou facer uso do servizo de autobús que a organización do ciclo porá á súa disposición. Neste último caso, a recollida realizarase cada sábado na rúa Juan Flórez, nº 10, contra ás 19 horas. A apertura de portas está fixada ás 19.30 horas. Unha vez no recinto, antes do comezo do show, terá lugar una breve contextualización na Cidade das TIC. De 20 a 21.15 horas, desenvolverase a experiencia, en formato show & talk, cunha charla cos e coas artistas implicados e implicadas unha vez rematado o concerto. Ás 21.30 horas, o público que faga uso de autobús estará de volta en Juan Flórez, nº 10.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?