Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios PEL da Deputación da Coruña baten récord de participación con 145 candidaturas presentadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios PEL da Deputación da Coruña baten récord de participación con 145 candidaturas presentadas

S. P.
Publicado: 13/05/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_premios_pel_.jpgA oitava edición dos Premios PEL, os galardóns da Deputación da Coruña ás mellores e máis innovadoras iniciativas empresariais da provincia, bate este ano récord de participación con 145 candidaturas presentadas.
O prazo de presentación rematou de feito este 12 de maio “cunha cifra que confirma a consolidación destes premios como un referente no recoñecemento ao talento emprendedor, á capacidade innovadora e á contribución das pequenas e medianas empresas, microempresas e profesionais autónomos/as ao desenvolvemento económico e social da provincia”, en palabras da Deputación, que reforzou nesta convocatoria o seu apoio ao tecido empresarial máis próximo á cidadanía, cunha dotación total de 80.000 euros destinada a recoñecer proxectos empresariais que destacan “pola súa traxectoria, pola súa aposta pola sostibilidade, pola súa implantación no territorio e polo seu carácter singular”.
As candidaturas presentadas concorren ás catro categorías principais dos premios. Un total de 28 novas empresas optan ao galardón á mellor iniciativa emprendedora; 38 candidaturas aspiran ao recoñecemento á mellor traxectoria empresarial; 26 proxectos preséntanse á nova categoría de territorio sostible e 40 iniciativas concorren ao premio destinado a recoñecer as propostas empresariais máis singulares.
Ademais, os membros do xurado rexistraron 13 candidaturas na categoría honorífica, que este ano estará dedicada ás iniciativas transformadoras do rural. Esta mención terá carácter honorífico e non levará asociada dotación económica.
Cada unha das catro categorías principais contará, con carácter xeral, cun premio de 20.000 euros. As bases contemplan tamén a posibilidade de conceder accésits cando a diferenza de puntuación entre as dúas mellores candidaturas sexa mínima. Nese caso, o primeiro premio pasaría a estar dotado con 15.000 euros e o accésit con 5.000 euros.
Gala de entrega no Coruña Estudio Inmersivo
Unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas, o xurado de expertos avaliará estas semanas os proxectos concorrentes e seleccionará as empresas, microempresas e profesionais autónomos/as gañadores desta oitava edición.
A gala de entrega dos Premios PEL 2026 celebrarase o mércores 19 de xuño no Coruña Estudio Inmersivo (CEI), situado na Cidade das TIC da Coruña. O acto desenvolverase en horario de tarde e reunirá representantes do tecido empresarial, social e institucional da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?