Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña busca novas oportunidades de negocio tecnolóxicas e innovadoras na provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña busca novas oportunidades de negocio tecnolóxicas e innovadoras na provincia

S. P.
Publicado: 22/05/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mesas_sectoriais_depuacion_coruna.jpgA Deputación da Coruña puxo en marcha este venres 22 de maio as primeiras mesas de diagnóstico sectorial do programa Provincia Emprendedora, unha iniciativa promovida pola institución provincial no marco do Plan de Emprego Local (PEL) e desenvolvida en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), co obxectivo de fortalecer o tecido empresarial, impulsar o emprendemento e identificar novas oportunidades de desenvolvemento económico na provincia.
A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, participou na apertura destas primeiras sesións de traballo, celebradas na sede da CEC, nas que se abordaron dous ámbitos considerados estratéxicos para o futuro económico da provincia: renovables, economía circular e sustentabilidade, por unha banda, e innovación, TIC e audiovisual, pola outra.
García subliñou que este programa parte dunha idea moi clara: “Para apoiar ben ás empresas e ás persoas emprendedoras primeiro hai que escoitalas”.
O programa integra diferentes liñas de actuación orientadas á análise, dinamización e apoio ao ecosistema empresarial coruñés, combinando estudos sectoriais, mesas de traballo, asesoramento empresarial, accións formativas e acompañamento a persoas emprendedoras.
Nesta primeira xornada, as entidades participantes partiron dunha análise inicial da situación de cada sector e dos primeiros datos recollidos a través dun formulario dirixido a empresas con actividade nestes ámbitos na provincia.
A partir desa información, traballouse na identificación de necesidades, oportunidades de emprendemento e posibles vías de colaboración entre empresas, entidades e recursos vinculados á Deputación.
O proceso contará coa participación de empresas e entidades de diferentes comarcas da provincia, entre elas Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra, Ordes, Betanzos, A Coruña, Eume, Ortegal e Ferrol. Tamén participa persoal xestor da Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, co fin de incorporar unha visión ampla e territorializada da realidade empresarial coruñesa.
Na mesa dedicada á innovación, ás TIC e ao audiovisual participaron entidades e empresas como o Clúster Audiovisual Galego, CEGA Audiovisuales, Congo Producciones, Imatia, Miraveo, Docuten, Mondotropo, Daniel Cerqueiro, Tribu Verde, ITG, Kaizen Institute, VivaZapata e o espazo de traballo colaborativo A Proa, de Ames.
Pola súa banda, na mesa sobre renovables, economía circular e sustentabilidade participaron Endesa, Orixe Salgada, ChemXTech, Emberiza, Tribu Verde, Kaizen Institute, a Asociación Provincial de Electricistas da Coruña (ASINEC), a xestora do Green Coworking de As Pontes e a Asociación de Empresarios Seara.
Rosa Ana García agradeceu a implicación das empresas e entidades participantes e destacou que “a Deputación quere acompañar o talento emprendedor da provincia con ferramentas útiles, non con políticas feitas de costas á realidade”.
O proxecto continuará con novas reunións periódicas ata a súa finalización, prevista para febreiro de 2027, cando se elaborará un informe final por cada sector con propostas e liñas de actuación para seguir impulsando a actividade económica e o emprendemento na provincia da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?