Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IES Rafael Dieste prepárase para a gran festa de Aquí tamén se fala III co apoio da Secretaría da Lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IES Rafael Dieste prepárase para a gran festa de Aquí tamén se fala III co apoio da Secretaría da Lingua

S. P.
Publicado: 02/06/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

secretaria_lingua_aqui_tamen_se_fala.jpgEste 2 de xuño presentouse na Coruña a terceira edición do festival Aquí tamén se fala, enmarcado na campaña de dinamización da lingua posta en marcha pola mocidade do instituto coruñés Rafael Dieste (co apoio da Secretaría Xeral da Lingua), que, como lembraremos, foi Premio da Cultura Galega o ano pasado en recoñecemento ao seu poder para estender o uso galego ao propio centro e á súa contorna.
Participaron no acto o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Sol Agra Tuñas, xunto co concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña, Gonzalo Castro; o director do IES Rafael Dieste e coordinador do festival, Alberto Pombo; os coordinadores Ramón Barreiro e Arcadio González; e as artistas Marta Álvarez, do grupo De Ninghures, e Iago Lema, de Apolo 18.
García salientou que se trata dunha proposta “de especial importancia polo feito de que xurda nun espazo escolar, xa que os centros educativos desde o punto de vista do lecer e a convivencia son un dos motores principais de impulso e prestixio do galego”. Deste xeito, felicitou o alumnado e profesorado “deste centro multicultural por continuar con este proxecto que segue a fortalecerse ano tras ano cun traballo que favorece o uso e coñecemento da lingua, sendo un exemplo para as xeracións máis novas”. A festa pola lingua que se celebra ao abeiro desta iniciativa celebrarase o vindeiro venres 12 de xuño na praza da Tolerancia, ás 17.00 horas e con entrada gratuíta, con presenza dunha banda internacional Carolina Deslandes, artista portuguesa con máis dun millón de seguidores nas redes sociais, e cos galegos De Ninghures, Kid Mount e Apolo 18.
Baixo o paraugas desta iniciativa, que se estende a 300 centros da Comunidade, realízanse outras accións de fomento do idioma como entrevistas ou campañas nas redes sociais que contan coa participación de persoeiros galegos e internacionais e entidades que animan á xuventude a usar a lingua. Así mesmo, trátase dunha proposta que se une a outras que tamén involucran o estudantado como 21 días co galego e +, Falamos + ou Nós tamén creamos, materializadas pola Secretaría da Lingua.
A iniciativa #aquítaménsefala é unha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudantil, con accións directas nos barrios e na contorna inmediata de cada alumno: un proxecto que comezou no IES Rafael Dieste da cidade da Coruña para logo estenderse por centros de todo o país, en boa medida a través das redes sociais (Instagram, Youtube, Spotify e Tiktok). Trátase dunha iniciativa que pon especial atención á música e á cultura galega realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas RRSS.
Aquí tamén se fala contou nas redes sociais co apoio inicial de representantes da cultura como Viggo Mortensen, James Rhodes ou Tanxugueiras.
Referencia na promoción do galego
A deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Sol Agra Tuñas, tamén participou na presentación da xornada festiva. Agra reivindicou o festival Aquí tamén se fala como “un exemplo do papel que poden desempeñar os centros educativos na normalización do uso do galego entre a mocidade”.
No acto participaron tamén o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña, Gonzalo Castro; o director do IES Rafael Dieste e coordinador do festival, Alberto Pombo; os coordinadores Ramón Barreiro e Arcadio González; e as artistas Marta Álvarez, do grupo De Ninghures, e Iago Lema, de Apolo 18.
sol_agra_aqui_tamen_se_fala_deputacion.jpgDurante a presentación déronse a coñecer a programación, os obxectivos e as principais novidades desta terceira edición dun proxecto que naceu no ámbito educativo e que se consolidou como unha referencia na promoción do galego entre a xente nova.
Na súa intervención, Agra destacou que Aquí tamén se fala “é unha iniciativa feita por profesorado e alumnado dun instituto dunha cidade”, feito que demostra que as campañas de normalización lingüística que se fan desde os centros educativos “poden funcionar na normalización do uso do galego entre a mocidade”. A deputada subliñou ademais que “a situación de emerxencia lingüística non é culpa da mocidade nin do incremento do alumnado migrante” e asegurou que esta experiencia demostra que “a lingua pode ser un elemento de acollemento e dinamización educativa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?