
Astra TV propón unha alternativa para os fogares e segundas residencias nos que a Televisión Dixital Terrestre (TDT) presenta problemas de cobertura, cortes ou pixelacións. O servizo distribúe por satélite as principais canles nacionais da TDT, a autonómica correspondente á zona e unha selección de canles internacionais, con emisións en HD e UHD.

O acceso require un receptor Astra TV, cun prezo de 199 euros nun único pagamento e sen cotas mensuais nin permanencia. Para recibir o sinal é necesaria unha antena parabólica orientada aos satélites Astra situados en 19,2 graos Leste, que pode ser individual ou colectiva. A instalación da antena non está incluída no prezo do receptor.
O servizo está especialmente orientado a localidades ou vivendas nas que a recepción terrestre depende dun centro emisor con cobertura deficiente. Ao empregar a distribución por satélite, a recepción deixa de depender do emisor da comarca e tampouco é necesario volver sintonizar os televisores ante futuros cambios na distribución dos canais.

A plataforma inclúe as principais canles nacionais da TDT, a canle autonómica correspondente a cada territorio (a TVG no caso de Galicia) e unha selección de canles internacionais. Astra TV sinala ademais que está preparada para incorporar máis canles rexionais, locais e temáticas. A dispoñibilidade dalgunhas emisións pode variar segundo a localización.
A adquisición do receptor debe realizarse a través dun instalador autorizado. Para os fogares que xa dispoñen dunha parabólica compatible, o equipamento necesario limítase ao receptor. A rede ACUTELAN permite tamén solicitar a intervención dun instalador de telecomunicacións para comprobar os problemas de recepción e determinar a solución necesaria.
A comercialización do servizo mediante a súa rede de instaladores autorizados está en proceso de ampliación por toda España.
