Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC mostrou en GalIA Tech cinco proxectos de IA e tecnoloxías avanzadas aplicadas á saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC mostrou en GalIA Tech cinco proxectos de IA e tecnoloxías avanzadas aplicadas á saúde

S. P.
Publicado: 18/09/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O CITIC da UDC participou este xoves na II edición de GalIA Tech, celebrada no Lux Events Center de Santiago de Compostela, cunha mostra de cinco proxectos demostradores que achegan ao tecido produtivo distintas aplicacións da intelixencia artificial e doutras tecnoloxías avanzadas no ámbito da saúde.

O evento, impulsado por DATAlife, reuniu empresas, centros de coñecemento e outros axentes do ecosistema innovador galego arredor das posibilidades da intelixencia artificial e da súa aplicación práctica en diferentes sectores. Neste contexto, o CITIC contou cun espazo de demostración no que as persoas asistentes puideron coñecer diferentes solucións desenvolvidas no ámbito da investigación e da innovación tecnolóxica.

Os cinco demostradores presentados polo CITIC enmárcanse no sector de saúde e dos coidados e mostran diferentes aproximacións ao uso dos datos, da intelixencia artificial, da visualización avanzada e da computación cuántica no ámbito sanitario.

Entre as solucións mostradas atópase CINEM3D, unha proposta de visualización científica avanzada baseada na simulación física do transporte da luz. O proxecto permite xerar experiencias de visualización médica fotorrealistas e interactivas en 3D, con aplicacións orientadas á formación médica avanzada, á planificación cirúrxica e á realización de estudos personalizados.

O CITIC presentou tamén INSTRUM3D, un proxecto colaborativo centrado na creación e publicación de xemelgos dixitais de instrumental médico mediante modelos 3D cun nivel de detalle profesional. A proposta, informou o centro da UDC, “está orientada a aplicacións educativas e de investigación en centros de formación sanitaria e permite desenvolver simuladores interactivos e experiencias de formación avanzada”.

Outro dos demostradores foi o Detector de Pólipos de Colon, unha aplicación prototipo baseada en redes neuronais para a detección automatizada de pólipos en imaxes colonoscópicas. O CITIC sinalou que “o sistema emprega unha análise mediante xanela deslizante para identificar as zonas con maior probabilidade de presenza de pólipos, co obxectivo de proporcionar apoio ao diagnóstico especializado”.

Tamén se mostrou AtaixAID, un sistema intelixente de asistencia ao diagnóstico de enfermidades raras. Trátase dunha ferramenta que “combina síntomas e datos xenéticos con repositorios especializados de enfermidades raras e integra información clínica e xenética mediante técnicas de procesamento da linguaxe natural, co propósito de facilitar diagnósticos máis rápidos e precisos”.

Por último, o CITIC mostrou unha aplicación de redes neuronais recorrentes cuánticas ao diagnóstico de trastornos respiratorios do sono. O centro da UDC explicou que “a proposta aplica intelixencia artificial baseada en transformadores e redes neuronais recorrentes cuánticas á análise de sinais de polisomnografía, utilizando sinais fisiolóxicos como ECG, EOG e saturación de osíxeno (SaO₂) para diferenciar períodos normais de episodios de apnea ou hipopnea”.

En conxunto, os cinco demostradores permitiron mostrar distintas capacidades do CITIC no desenvolvemento de tecnoloxías aplicadas a problemas concretos do ámbito sanitario, desde a visualización médica e os xemelgos dixitais ata o diagnóstico asistido mediante intelixencia artificial e a análise de sinais fisiolóxicos.

Amparo Alonso participa no debate sobre IA e saúde

A participación do CITIC en GalIA Tech completouse coa intervención da catedrática Amparo Alonso nunha mesa de debate dedicada a IA e saúde: oportunidades e riscos.

A sesión permitiu abordar diferentes aspectos relacionados coa incorporación da intelixencia artificial ao ámbito sanitario.

A presenza de Amparo Alonso, xunto coa exposición dos cinco demostradores, permitiu ofrecer unha visión complementaria da actividade do CITIC: desde a investigación e o desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas ata a súa aplicación a necesidades concretas do sector da saúde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?