
Para celebrar o talento galego a asociación Videoxogo.gal organiza un novo evento chamado Punto de Gardado que terá lugar o sábado 17 de outubro de 11:00 a 19:00 no Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura. A participación no evento será totalmente de balde.
Polo momento non se detallaron os contidos da xornada, pero adiantan que contarán con múltiples zonas como un espazo para a realidade virtual e a realidade aumentada, consolas e máquinas recreativas de xogo libre, showcase e charlas con creadores galegos, xogos de mesa feitos en Galicia, torneos, competicións e mesmo unha zona de networking para profesionais.
