
PlayStation lanzará el vindeiro 30 de outubro un mando sen fíos DualSense de edición limitada creado en colaboración con Lisa, integrante de Blackpink. O novo accesorio para PS5 combina elementos asociados á imaxe da artista cun acabado en tons perla cromática e chegará a España cun prezo de 84,99 euros.
A colaboración recupera o vínculo iniciado o ano pasado con Lisa, cando a artista participou nunha campaña global de PlayStation para PS5. Nesta ocasión, o deseño do mando foi desenvolvido directamente coa artista para incorporar detalles relacionados coa súa identidade visual.

O panel táctil concentra boa parte dos elementos distintivos da edición, coa representación do seu floco e dos seus ollos, acompañados polas estrelas que forman parte da súa imaxe e da sinatura LL. O acabado perla cromática completa unha combinación de cores escollida entre os tons preferidos de Lisa.
«Cando teño tempo para relaxarme, gústame xogar, así que crear esta colección con PlayStation foi moi emocionante. Paseino moi ben engadindo pequenos detalles nos que sabía que os meus fans se fixarían e quería que tivesen algo co que puidesen conectar», explica Lisa sobre a colaboración. A artista engade que a proposta lle permitiu combinar as súas dúas vías habituais de expresión, a música e a moda, cun novo formato creativo.
As reservas do DualSense: edición limitada Lisa abriranse o 2 de outubro ás 10:00 horas, ata esgotar existencias. O mando estará dispoñible a partir do 30 de outubro a través de PlayStation e de tendas participantes, aínda que se comercializará en cantidades moi limitadas.
