
O 25 de novembro de 2026, ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), con entrada libre e gratuíta ata completar capacidade, terá lugar unha charla-coloquio sobre Autorización, Remuneración e Transparencia. ARTe en tempos de Intelixencia Artificial Xenerativa, co escritor e tradutor Sebastià Portell (presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana e do European Writers’ Council (EWC), e membro da xunta directiva de CEDRO), acompañado por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Xavier de Donato, profesor da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago.
Sebastià Portell publicou as novelas Les altures (2022), Ariel i els cossos (2019) e O día que morreu David Bowie (2016, traducida ao galego por María Alonso Seisdedos), coa que gañou o Premio Time Out ao Creador do Ano. Tamén é autor de varios títulos de teatro e de non-ficción, e editou Amors sense casa (2018), a primeira antoloxía de poesía LGBTQ catalá. A súa obra foi traducida ao galego, ao italiano e ao castelán. Desde 2022 é o presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), e desde marzo de 2026, tamén preside o European Writers’ Council (EWC).
O escritor Sebastià Portell mantén unha postura fcrítica fronte ao avance da intelixencia artificial xenerativa no sector editorial. A súa reivindicación céntrase na defensa dos dereitos de autor e na esixencia dun marco legal europeo que garanta o consentimento e a remuneración aos creadores. Desde a presidencia do EWC, entidade que representa escritores e tradutores de 34 países, traballa para afianzar a lexislación europea e obrigar as empresas tecnolóxicas a detallar que textos empregan nos seus algoritmos.
A xornada do 25 de novembro é unha ctividade organizada pola AELG xunto á Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración de CEDRO
