A CiberIrmande da Fala vén de pór á web de RENFE no seu punto de mira. O motivo? Ofrecer seus servizos en castelán e só unha pequena parte deles en galego, deixando así de lado unha das linguas cooficiais do Estado: a galega. Máis polo miúdo, o que solicita estes días a Ciberirmandade (pedindo ademais a colaboración dos internautas galegos para o envío de cartas de protesta) é que se corrixan deficiencias lingüísticas detetadas nos servizos web da compañía ferroviaria e que ADIF (Administrador de Infraestruturas) incorpore a nosa lingua na súa páxina en Internet e na megafonía. O caso (lembra a CiberIrmandade) é que a web de RENFE figura parcialmente en galego, pois os contidos de documentación da empresa, organigrama, memoria ou historia só poden ser lidos en español. Por outra banda, RENFE tamén incorre en incluír unha serie de topónimos deturpados, algún dos cales (como é habitual nestes casos) pode chegar a ferir máis de unha sensibilidade: “Orense”, “Arosa”, “Órdenes”, “Ujes” ou “Viana del Bollo”. Pola súa parte, ADIF na súa páxina non ofrece ningún contido en galego.
A CiberIrmandade pídelle a RENFE que ofreza máis contidos en galego e corrixa os topónimos deturpados
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
- A Xunta destinará 10M€ ata 2030 para fortalecer e modernizar a rede de comunicacións en situacións de emerxencia
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter