Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O salón CES de Las Vegas abre as súas portas este 8 xaneiro con representación galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O salón CES de Las Vegas abre as súas portas este 8 xaneiro con representación galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/01/2007
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Expositor de Google durante a pasada edición do CES
Expositor de Google durante a pasada edición do CES
Xa está a piques de comezar o Consumer Electronics Show (CES), a feira de electrónica de Las Vegas (Estados Unidos) e, xunto coa CeBit de Alemaña unha das máis importantes de todo o mundo no que se refire a poñer diante do gran público os desenvolvementos tecnolóxicos recentes máis salientables a nivel mundial e abrir xanelas ó que se lles vén enriba. Concretamente, o CES abre as súas portas este 8 de xaneiro, e será o paraíso dos tecnófilos (tipo de ser humano que se recibe de agasallo de Nadal o iPod máis novo do mercado conta os minutos ata poder empregalo en público) ata o día 11, data de peche.
Este ano, como era de agardar, serán os diferentes xeitos de adaptar o dixital ó lecer o que domine as diferentes áreas da mostra, onde por certo haberá boa representación galega: a de Blusens, por exemplo ou a de Enrique Dans. Tamén se prevé moita actividade nos aparellos sen fíos e máis nas moitas posibilidades do vídeo, que está a vivir hoxe unha curiosa revolución: do fogar (novo formato de estudo de gravación) ó mundo. Estímase que a feira acolla este ano a 2.700 expositores.
Na cerimonia de apertura do domingo día 7, entre outros moitos persoeiros do sector, estará –un ano máis, xa que é tradición dende hai nove anos, e calquera se atreve romper unha tradición como esta– Bill Gates, presidente e fundador de Microsoft.
Tamén se calcula a chegada dun bo número de visitantes procedentes de tódolos currunchos do mundo: non hai que esquecer que esta feira naceu con vocación de ficar aberta ó público en xeral, estea ou non relacionado directamente cos sectores representados.
A xuntanza inclúe este ano 200 relatorios a cargo dalgúns dos máis senlleiros pesos pesados das novas tecnoloxías da información.
Así, contará coa presenza (entre outros) de Olli Pekka Kallasvuo (presidente de Nokia) ou Ez Zander (presidente de Motorola). Por certo que nós, en caso de estar eses días por Las Vegas (probablemente non nos colla de paso) seguramente acabaríamos por decantarnos pola mesa onde vai falar o blogueiro galego Enrique Dans sobre o seguinte asunto: Influencer Roundtable.
Por certo que LG tamén aproveitará para presentar o seu reprodutor dual de HD DVD e Blu-ray do que falamos noutra nova desta mesma web. Todo un acerto, se pensamos que na dita feira de electrónica o 99% do público en xeral acudirá á xuntanza con esta pregunta na boca: que podo facer co meu DVD agora que saen dous novos formatos con calidade de imaxe e son maior e, en aparencia, pouco compatibles? LG estará alí para collelos por debaixo do brazo e dedicarlles un sorriso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?