Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A praia de Samil (Vigo) terá acceso á Rede de balde mediante Wi-Fi durante o mes de agosto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A praia de Samil (Vigo) terá acceso á Rede de balde mediante Wi-Fi durante o mes de agosto

Marcus Fernández
Publicado: 03/08/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

praia_samil_vigo.jpgManuel José Fernández Iglesias (director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia e conselleiro delegado de Retegal), Jesús García Porto (director xerente de Retegal) e Abel Caballero (alcalde de Vigo) participaron esta maña no acto de presentación dun proxecto piloto que achegará Internet de balde á praia de Samil.
Deste xeito, tódalas persoas que visiten a praia viguesa de Samil (ou a de O Vao) o mes de agosto poderán valerse dun acceso á Rede mediante Wi-Fi, grazas a un convenio de colaboración entre Retegal, a Secretaría Xeral de Comunicación, o Concello de Vigo e o Hotel Samil.
Esta experiencia pretende analizar o grao de utilización destas infraestruturas con vistas ó despregue dun servizo permanente de acceso á Internet noutras praias galegas para o vindeiro verán.
Para poder acceder á Rede na praia de Samil dende un dispositivo Wi-Fi (un portátil, unha PDA ou mesmo unha consola de videoxogos que sexa compatible co estándar IEEE 802.11b/g) só deberán intentar acceder a algunha web dende o seu navegador de Internet para que se lles pregunte polo seu nome de usuario e contrasinal (que serán retegal e samil27 respectivamente) tralo que quedarían autorizados para facer uso da web libremente.
As conexións efectuadas dende a praia canalízanse dende un hotspot sito no Hotel Samil ata o centro de Retegal en Domaio mediante un radioenlace de 36 Mbps, tralo que se conectan coa rede multiservizo do operador galego, dándolle acceso á Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?