GaliciaBanner, a axencia galega de medios interactivos vén de cambiar a súa composición social despois de que o Grupo Elogia, con oficinas en Barcelona, Madrid, Vigo, Lisboa, México D.F., Monterrey e Buenos Aires, adquirise o 100% das súas accións co obxectivo de optimizar as súas ofertas de mercadotecnia na Internet.
O funcionamento de GaliciaBanner coma axencia para soportes galegos (empregada polos principais portais web da nosa comunidade) non se alterará, e mesmo se reforzará grazas á incorporación do cadro de persoal co que Elogia contaba en Vigo, aínda que a partires do vindeiro ano a empresa pasará a coñecerse coma Elogia Media.
O Grupo Elogia absorbe a GaliciaBanner
Compartir Este Artigo

