
O texto presenta discusións filosóficas e metodolóxicas en torno á práctica do ensino do xornalismo na web articulándose tanto un nivel teórico-conceptual coma aplicado. Tamén relata experiencias pautadas na aplicación pedagóxica doutras ferramentas dispoñibles na Internet (coma os blogs) e na produción de probas prácticas de aplicacións informáticas deseñadas para a docencia do xornalismo web (plataformas de ensino e publicación).
Este novo libro conta cun total de 192 páxinas e venderase a 25 reais (9,14 euros) presentándose tamén no congreso Intercom 2007 (en Santos) e na Bienal Iberoamericana de Comunicación (na arxentina Córdoba).
Ultiman no Brasil o lanzamento dun libro sobre ciberxornalismo que conta con participación galega
Compartir Este Artigo

