George Hotz, o mozo que conseguiu liberar o seu iPhone mediante a rúa reprogramación que puxera o móbil liberado á venda en eBay cun prezo de saída de 540 dólares, pero ás poucas horas atopou poxas totalmente astronómicas que o levaron a cancelar a subhasta por considerar que se trataba de ofertas de pouca credibilidade, pero tras facer tal se veu sorprendido porque o fundador de Certicell contactou con el para ofrecerlle cambiar o seu iPhone liberado por un coche deportivo Nissan 350Z e 3 móbiles iPhone de 8 Gb, de xeito que o seu traballo en prol dun iPhone sen ataduras a AT&T se veu compensado sobradamente.
Non conforme con iso, o mozo que agora comeza os seus estudos no Instituto Tecnolóxico de Rochester aproveitará o seu tempo de lecer para facer labores de consultoría para Certicell e Puremobile. Tamén comezará a traballar na creación dun sistema de localización para o iPhone que triangule a posición das antenas de telefonía móbil (ou sexa, que non precise de antena GPS).
Liberación por software
Pero abrir ó iPhone para reprogramalo é unha tarefa complexa, polo que os esforzos de moitos programadores se centraron na súa liberación por software, e un par de compañías xa afirman telo conseguido, pero toparon cos avogados de AT&T, de xeito que se atopan incapaces de comercializar os seus produtos que permitan librar ós terminais da operadora telefónica que vende o iPhone en exclusiva nos EE.UU. polo que xa se está a organizar un fondo para impulsar a publicación gratuíta dalgúns destes métodos na Internet, ofrecendo 100.000 dólares para que a difunda, e poñen coma data deste posible lanzamento a madrugada entre o mércores e o xoves da presente semana.
Haberá que agardar uns días para ver se algunha das empresas que pretendía cobrar 25 dólares por cada licenza do software para liberar o iPhone se atreve a filtralo á Rede de balde.
O mozo que liberou o iPhone ve compensado o seu esforzo cun coche deportivo
Compartir Este Artigo

