
Así, a empresa sita en Compostela está a ser considerada por algúns coma o Inditex da electrónico de consumo, pero se en algo destaca a empresa creada por José Ramón García e Miguel Silva é na fórmula de comercialización baseada na detección das tendencias no mercado e a velocidade de disposición de produtos na rúa (ou sexa, un dispositivo loxístico exemplar).
García comentou para o xornal Cinco Días que cando entraron neste mercado tan competitivo non apostaron “por tirar o prezos” senón que foron “por un camiño intermedio” de xeito que ofrecen calidade a un prezo razoable, e nos últimos meses puidemos ver coma sorprenderon introducindo no mercado reprodutores multimedia con Bluetooth ou Wi-Fi, incluír ilimitadas descargas de música do catálogo de Universal con algúns dos seus reprodutores, e mesmo agora promete que achegarán solucións GPS baseadas en imaxes fotográficas (e non só en mapas vectoriais).
Sen dúbida, esta iniciativa emprendedora que xa conta con filiais en China, Dubai, Malasia e México seguirá a dar moito que falar no futuro, pois están a innovar constantemente introducindo no mercado produtos que atenden bastante ben ás demandas do consumidor.
Blusens entrará no negocio dos GPS
Compartir Este Artigo

