O servizo de iTunes en Europa aínda que presente unha boa oferta musical, resulta deficiente no tocante ó seu catálogo de películas e series de televisión, o que parecen querer remediar dende a compañía de Steve Jobs, polo que veñen de anunciar que no Reino Unido se poderán mercar episodios de series coma Perdidos, Mujeres Desesperadas ou South Park a 1,89 libras (2,78 euros) cada un.
As series poderanse descargar tanto dende PC coma dende Mac, e teñen unha calidade semellante á dun DVD, pero se poden ver tanto no ordenador coma nos últimos iPod ou no televisor mediante Apple TV.
Polo momento a nova sección da tenda virtual de Apple no Reino Unido contará con 28 series de televisión, oferta que se ampliará paulatinamente. Os programas dispoñibles son os seguintes:
-Da canle ABC: Perdidos, Mujeres Desesperadas, Anatomía de Grey, Betty la fea, Sra. Presidenta e Night Stalker.
-De Disney Channel: Jake Long, Kim Possible, That’s So Raven, The Suite Life of Zack and Cody.
-De Playhouse Disney: Handy Manny, Little Einsteins e Mickey Mouse Clubhouse.
-Da MTV: Pimp My Ride, Barrio 19, Bam’s Unholy Union, Laguna Beach e My Sweet Sixteen.
-De Nickelodeon: Avatar, Drake and Josh, Dora Exploradora, Genie in the House e Bob Esponja.
-De Paramount Comedy: South Park, Comedy Blue, Jongleurs Unleashed: Part I, Aquellos 70 e The World Stands Up.
Esta estrea británica podería ser precursora dunha expansión europea da tenda de vídeos de iTunes.
iTunes comeza a vender series de televisión no Reino Unido
Compartir Este Artigo

