Nun momento no que Nokia está apresentar a súa propia tenda virtual de música Sony anuncia o peche de CONNECT, a tenda musical da empresa nipona que permitía a descarga de ficheiros en formato ATRAC. O servizo musical continuará a funcionar nos vindeiros meses, e non cesará o seu funcionamento antes de marzo de 2008, pero Sony xa insta ós usuarios do mesmo a que convertan os seus contidos protexidos por DRM a outros formatos (o que se pode facer de xeito doado gravándoos en CD e rippeándoos posteriormente a MP3 ou WMA).
Os usuarios que teñen música nos seus dispositivos compatibles con ATRAC tamén poden empregar a ferramenta software MP3 Conversion Tool para transformar os seus ficheiros a MP3 e poder empregalos no futuro (en caso de ter problemas co dispositivo multimedia).
Este cambio por parte de Sony parece ser consecuencia do abandono de Sony do formato ATRAC en favor da plataforma Windows Media, permanecendo a sección de libros electrónicos de CONNECT totalmente inalterada.
Sony abandona a venda a través da web de ficheiros en formato ATRAC
Compartir Este Artigo

