Captura de pantalla da aplicación de GPS para Mac OS XOs usuarios de ordenadores con Mac OS X poden achegarse ó emerxente mundo da xeolocalización por satélite grazas a RouteBuddy, un software de navegación GPS que funciona en ordenadores Mac, o que resulta especialmente útil dende os MacBook (os portátiles de Apple). Logotipo do RouteBuddyCon esta aplicación, os equipos poden localizar a posición actual e amosala en pantalla con grande precisión, valéndose de calquera dispositivo GPS que empregue o estándar NMEA 2.3. Esta aplicación custa 100 dólares e permite a descarga de múltiples mapas, buscar mapas, gravar traxectos GPS en directo, ver e imprimir mapas a pantalla completa, importar enderezos de moitos servizos de xeolocalización e mesmo integrarse con Google Maps e Google Earth. Permite a incorporación de distintos mapas que se compran aparte coma o de Iberia (España e Portugal) que inclúe o 100% das estradas e rúas españolas e o 83% das portuguesas e se pode adquirir por 39,50 dólares.