A finais de 2005 Yahoo! estreou en probas un servizo de podcasts, que parecía ser a nova revolución na Internet, e que finalmente non se converteu no fenómeno agardado pois os mozos non acudiron en masa a este tipo de páxinas web para seguir podcasts, de xeito que a compañía norteamericana anunciou que o vindeiro 31 de outubro pecharán Yahoo! Podcasts.
Unha voceira de Yahoo!, Carrie Davis, asegurou que a empresa procurará buscar algún outro lugar para os podcasts na súa web, pero quedou claro que non foron quen de aproveitar o crecemento das descargas de música a través da Internet dentro da súa web pois aínda que o podcasting ten certa sona dista de ser unha práctica masiva e que achegue un interese destacable.
Yahoo! Podcasts pechará o 31 de outubro
Compartir Este Artigo

