Microsoft pretende facerlle fronte a competidores que están a lanzar aplicacións ofimáticas para a web, e así anuncia o seu Microsoft Office Live Workspace, que comeza nunha fase beta na que se pode rexistrar calquera e que permite ós usuarios o acceso e compartición de documentos vía web, que se poderán consultar en liña aínda que para a súa edición sexa preciso contar cunha versión de escritorio de Office.
Este novo servizo resulta así sumamente atractivo para achegar documentos a colaboradores, sen ter que remitilos por correo electrónico e facendo máis doada a súa consulta en calquera lugar sen importar o software instalado en cada equipo.
Microsoft proba unha plataforma para compartir documentos de Office na web
Compartir Este Artigo

