
Adobe Flash Lite 3 é unha versión reducida do Flash para poder funcionar en móbiles ou PDA, e non só fai posible o acceso a YouTube e outros servizos de vídeo, senón que tamén podería empregarse para a creación de intefaces baseados en Flash nos móbiles, polo que os menús e sistemas de manexo dos nosos terminais se poderían facer máis atractivos e con maior potencial multimedia, podendo servir tamén para a creación de novas aplicacións.
Actualmente hai uns 300 millóns de móbiles que teñen versións anteriores de Flash, e Adobe estima que para 2010 haberá uns 1.000 millóns de dispositivos móbiles con esta tecnoloxía.
O Adobe Flash Lite 3 achega o vídeo ós dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo

