O Congreso aprobou definitivamente a Lei de Conservación de Datos relativos ás comunicacións electrónicas e redes públicas que permitiría que a Policía poida coñecer a identidade dos titulares de tarxetas de telefonía móbil prepago durante investigacións de delitos, polo que o Goberno obrigará ás operadoras de telefonía a gardar os datos das chamadas que se realicen e que identifiquen ós usuarios de móbiles de prepago que, a xuízo do ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, con «un refuxio electrónico para aqueles que delinquen».
A aprobación destas medidas destacou polo amplo consenso acadado entre os distintos grupos políticos, pero o máis complicado da aplicación da nova Lei será a creación dun libro de rexistro cas identidades dos compradores de tarxetas prepago, xa que supón unha dificultade para as operadoras e podería suporlles un importante prexuízo económico pois, aínda que identificar a novos usuarios non sexa problemático, contactar con millóns de móbiles prepago de España supón unha operación titánica de difícil práctica.
Aproban a Lei que obrigará a identificar ós titulares de móbiles prepago en España
Compartir Este Artigo

