A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino Santiago, vén de inaugurar o Máster de Enerxías Renovables e Sostibilidade Enerxética deseñado pola Cámara autonómica en colaboración coa Facultade de Físicas da Universidade de Santiago de Compostela.
O devandito Máster, que se desenvolverá ó longo de 2 anos, conta con 50 alumnos matriculados e será impartido por 45 mestres de 12 departamentos da USC de diferentes especialidades, como son enxeñeiros agrónomos, físicos, economistas, avogados, biólogos, enxeñeiros industriais e de montes.
Este máster acabado de abrir tenta dá resposta –informa a organización- ó compromiso da Cámara autonómica coa investigación e o desenvolvemento de tecnoloxías limpas e forma parte do Plan de Eficiencia Enerxética, un plan de educación e sensibilización fronte ó cambio climático que inclúe o desenvolvemento dunha Aula Medioambiental, a construción dun xardín autóctono ou a mostra de fotografías sobre o cambio climático exposta actualmente nas instalacións da Cámara.
A Cámara autonómica acollerá o desenvolvemento dun dos seis módulos do Máster, Enerxía e empresa: sostibilidade, e un dos obradoiros, denominado Edificios públicos, eficiencia enerxética e a implantación de enerxías renovables. O caso do Parlamento de Galicia. Tamén acollerá a un dos alumnos do Máster, en calidade de prácticas tuteladas para a realización do Traballo Fin de Máster.
Dolores Villarino inaugura o Máster de Enerxías Renovables da USC
Compartir Este Artigo

