Os descontrol sobre os contidos na Internet é un tema polémico que pode levar a conflitos de difícil solución, coma lle acontece a José Martín Roldán, un veciño de Móstoles que presentou unha denuncia no xulgado da súa vila para solicitar que YouTube elimine do seu servidor os vídeos nos que uns descoñecidos insultan e fan mofa do seu fillo (con problemas psíquicos e do que ten a custodia postestade) e da súa familia.
Segundo Martín Roldán, os vídeos graváronse nun momento no que o rapaz (de 46 anos de idade) fuxira da casa e estaba delirando e, aínda que se eliminan de YouTube, acaban reaparecendo, existindo 4 vídeos diferentes dos que 1 se resiste a desaparecer da Rede.
Un dos vídeos que aínda quedan en YouTube |
José Martín Roldán é un obreiro xubilado de 70 anos, e se sente impotente ante o que considera que é unha vulneración da dignidade e a honra da súa familia, xa que o rapaz que aparece nos vídeos padece esquizofrenia, o que aproveitaron os autores dos clips para burlarse del e denigralo ante a cámara. Así, o mostolense pretende que se localice ós responsables dos feitos, para facer fronte ás repercusións dos seus actos, pero atopa moitos atrancos na operación, en boa medida porque YouTube é unha compañía sita nos EE.UU., o que complica todo o proceso.
Tampouco hai que esquecer que estes vídeos están a acadar moita sona por mor da denuncia sobre a súa existencia, polo que pasaron de ducias e milleiros de reproducións en poucos días.
Queda agardar agora a que as investigacións da Garda Civil poidan dilucidar este problema no que se pon en evidencia a dificultade de defender a honra dun particular ou da súa familia na Rede.
ACTUALIZACIÓN: Dende Google España anuncian que se retirarán os contidos ofensivos, mentres que o Defensor do Pobo tamén solicitou á Fiscalía que tome medidas no asunto.

