A compañía ALSA anunciou que achegará conexión á Internet de balde mediante Wi-Fi nos seus autobuses da Clase Supra grazas a un acordo pechado con Vodafone, para o que instalarán routers HSDPA que permite establecer conexións a velocidades de ata 3,6 Mbps.
Deste xeito, segundo a cobertura da conexión de datos que se teña en cada momento se terán distintas velocidades de conexión, de xeito que o router procurará conectarse mediante HSDPA, UMTS ou GPRS segundo a situación, mentres que o cambio de tecnoloxía será transparente para o usuario (que empregará Wi-Fi para conectarse á Rede).
O novo servizo irase incorporando ás distintas liñas durante o mes de outubro, que corresponderán ós percorridos León-Madrid, Palencia-Madrid, Asturias-Hendaya, Asturias-Zaragoza, Asturias-Madrid, Benidorm-Madrid, Cartagena-Madrid e, como non, Galicia-Madrid.
ALSA permitirá conectarse á Rede por Wi-Fi nos seus autobuses
Compartir Este Artigo

