Co obxectivo de implantar a RSE nas empresas do sector TIC de Galicia, a Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (AGESTIC) ven de organizar 7 Talleres de Responsabilidade Social Empresarial, que serán impartidos por Consultores Especializados de Serviguide e que darán comezo hoxe martes 16 de outubro en Ferrol a partires das 16:00 horas.
Estes talleres RSE desenvolveranse totalmente de balde nas sedes da Fundación Caixa Galicia en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e sobre todo servirán para dar a coñecer entre as empresas galegas os modelos de responsabilidade social a través de exemplos prácticos que inclúen a metodoloxía para implantar nas empresas modelos de Responsabilidade Social Empresarial.
Estes obradoiros, dos que xa demos conta en días pasados, están cofinanciados pola Consellaría de Innovación e Industria e contan coa colaboración da Obra Social de Caixa Galicia.
Os interesados en asistir deberán realizar a súa inscripción enviando un correo electrónico a tecnicos@agestic.org.
Hoxe dan comezo os Talleres de Responsabilidade Social para empresas TIC organizados por AGESTIC
Compartir Este Artigo

