O director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco, ven de anunciar que o Plan Avanza movilizou no periodo 2006-2007 un total de 456 millóns de euros para a inclusión de tódolos cidadáns na Sociedade da Información, a través da súa liña de actuación Cidadanía Dixital.
Asemade, Cierco sinalou que as actuacións de fomento e dinamización que persiguen a capacitación tecnolóxica da cidadanía contaron cuns fondos superiores ós 96 millóns de euros no mesmo periodo e que se movilizaron 330 millóns de euros para a concesión de préstamos ó 0 por cento de interese para a adquisición de equipamento informático e conectividade. Por último, as actuación de inclusión, dirixidas ós maiores e discapacitados e a fomentar a igualdade de xénero na Sociedade da Información supuxeron un investimento de 29 millóns de euros por parte do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
O devandito Ministerio aprobou 153 proxectos dentro da Cidadanía Dixital en 2006-2007, nas áreas de fomento e dinamización, xénero, maiores, discapacitados, infancia, inmigrantes e outros colectivos.
O director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información tamén indicou que o Programa de Extensión da Banda Ancha, terá levado esta tecnoloxía a máis de 7 millóns de persoas antes de finais de 2007 e que no primeiro semestre do 2008, o devandito programa levará a banda ancha a máis de 8.327.000 persoas.
O Plan Avanza movilizou máis de 450 millóns para incorporar a cidadanía á Sociedade da Información
Compartir Este Artigo

