A Fundación para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade, Fundetec, en colaboración coa empresa Canal Empresarial, ven de por en funcionamento un proxecto de formación en liña interactiva para difundir o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) entre colectivos con dificultades de acceso ás mesmas, falta de capacitación ou descoñecemento dos beneficios que estas lle poden aportar á súa vida cotiá.
O devandito proxecto, denominado Canal TEC, está enmarcado no Plan Avanza, e a súa execución foi adxudicada a Fundetec polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para levar a cabo 3.000 accións formativas a través da Rede facendo fincapé nas zonas rurais españolas.
As Comunidades Autónomas escollidas por este organismo para comezar a implantar estas formacións a través de Internet foron Aragón, Castela A Mancha e Cantabria, que o implantarán nos telecentros dos seus respectivos territorios.
Canal Empresarial foi a encargada de desenvolver a plataforma tecnolóxica que se emprega para impartir os contidos do Canal TEC ós que se pode acceder dende calquera telecentro.
Os cursos ofertados son: Terminoloxía básica de TIC (alfabetización dixital), Emprego efectivo de Internet, Certificado dixital, e-DNI e factura electrónica e Oficina virtual, trámites coa Administración Pública.
Arranca o Proxecto Canal TEC en Castela A Mancha, Aragón e Cantabria
Compartir Este Artigo

