A comunidade MSN/Windows Live de España, a través da iniciativa “comprométome” (www.comprometete.es) ven de levar a cabo a plantación de máis dun milleiro de árbores para apoiar ao proxecto Froitos para o Oso que leva a cabo un equipo de profesionais de FAPAS (Fondo para a Protección de Animais Salvaxes).
O obxectivo deste proxecto é repoblar as antigas fincas de labor con árbores frutais e aportar diversidade forestal ós montes para mellorar o hábitat e os recursos alimenticios dunha especie catalogada na península Ibérica como “en perigo de extinción”.
MSN e a Comunidade Windows Live déronlle a oportunidade ós usuarios de demostrar a súa implicación co medioambiente a través de 5 compromisos básicos que incluían o aforro de enerxía, auga e reciclaxe. A través da súa páxina web, comprometete.es, MSN e Windows Live doaban 50 céntimos de euro a FAPAS por cada usuario que decidise solidariamente adoptar medidas de apoio á loita contra o quencemento do planeta. Co diñeiro recadado desta iniciativa de MSN/Windows Live, FAPAS plantou o que se fai chamar O monte MSN/Windows Live, situado na localidade de El Fabar, Asturias.
MSN/Windows Live planta 1.250 árbores para apoiar o proxecto Froitos para o Oso
Compartir Este Artigo

