Google anunciou o lanzamento da versión 5.0 do seu Google Search Appliance, que é o compoñente de hardware que permite achegar a busca á información corporativa, de xeito que axuda ás empresas a beneficiarse do concepto de Busca Universal, de xeito que aplica os mesmos preceptos polos que se busca información na Rede para atopar documentos nas empresas.
O Google Search Appliance 5.0 mellora a súa busca e incorpora unha serie de conectores que proporcionan acceso a tódolos sistemas de administración de contido, achegando todo tipo de ficheiros, de intranets, bases de datos, aplicacións e servizos. Tamén implementa melloras na autentificación de Windows Microsoft (WIA) así como na exploración e servizo de contidos protexidos.
A novo dispositivo soporta 16 idiomas (incluíndo o español) e é capaz de localizar información entre 30 millóns de documentos.
Nova versión do Google Search Appliance
Compartir Este Artigo

