Gaurav Khanna, profesor de astrofísica da Universidade de Massachusetts, decidiu que para realizar os seus cálculos de simulación de ondas gravitacionais era axeitado utilizar 8 consolas PlayStation 3 en paralelo no que se coñece coma PS3 Gravity Grid e que tira así proveito do feito de que a consola de Sony permite o seu uso co sistema operativo Linux.
A PS3 é así unha solución atractiva en custo-beneficio tanto para computación distribuída como nun cluster, que aproveitan o excelente rendemento dos procesadores Cell da consola, que destaca por ter un procesador de propósito xeral con 8 núcleos de proceso adicionais (con 2 pipelines cada un) o que o converte nunha plataforma moi potente para procesos en paparelo.
Antes de montar este cluster de consolas PS3, Khanna empregaba superordenadores repartidos por todo EE.UU., para o que tiña que investir ata 5.000 dólares en bolsas da NSF, ou que é un prezo superior ó de mercar as 8 PS3 que usa na actualidade, aínda que as conseguiu de balde, a que Sony doou as consolas ó ver o partido que foi capaz de sacar delas o astrofísico, que está encantado por poder prescindir dos supercomputadores alleos de xeito indefinido.
O Grid de Gaurav Khanna xa leva funcionando máis dun mes e estiman que as 8 consolas en paralelo acadan o mesmo rendemento que os 200 nodos de superordenador que se utilizaban ata o momento.
Un astrofísico sustitúe o uso de supercomputadores por un cluster de 8 PS3
Compartir Este Artigo

