Contraste entre unha noite normal en San Francisco e o pasado sábado pola noiteO pasado sábado a cidade de San Francisco (EE.UU.) celebrou un evento contra o cambio climático coñecido coma Lights Out SF, consistente en que persoas (e organismos públicos) apagasen a iluminación innecesaria durante unha hora, como un exercicio para concienciar sobre o aforro enerxético. Tamén se instou ós participantes a utilizar lámpadas de baixo consumo para conseguir a iluminación imprescindible. Google escureceu a súa webAs imaxes da cidade como menos luz nocturna do habitual son abraiantes, pero non só a urbe reduciu a súa iluminación, senón que dende Google decidiron cambiar o fondo branco do seu buscador por un fondo negro que supostamente aforrase enerxía, de xeito que a compañía de Mountain View participou simbolicamente neste evento urbano. Aínda así non falta quen indica que amosar imaxes negras non consume menos que presentar imaxes brancas na meirande parte dos monitores actuais, pois tal afirmación só era válida para os vellos televisores de tubo (CRT) que actualmente só están presentes na cuarta parte dos equipos informáticos e nalgunhas pantallas LCD a cor negra incluso podería consumir máis que a branca. Queda así claro que a medida de Google foi meramente simbólica, e para os que queiran tomar exemplo destas iniciativas deberían buscar ordenadores e monitores de baixo consumo, ou empregar as configuracións de aforro enerxético dos mesmos.