A Fundación Copyleft publica unha notificación dirixida á Brigada de Investigación Tecnolóxica (BIT) co gallo do sobresemento da causa contra Sharemula.com, na que lembra ó organismo que a Circular nº 1/2006 da Fiscalía Xeral do Estado con data 5 de maio de 2006 «sobre os delitos contra a propiedade intelectual e industrial trala reforma da lei orgánica 15/2003» establece a diferenza entre «os intermediarios da transmisión de información, o almacenamento de datos e a ligazón a contidos proporcionados polos usuarios» dispondo cómo deberá actuar o Estado ante tales delitos, o que fixo que a causa mencionada (que correspondía a unha web con ligazóns a contidos en redes P2P) non fose considerada constitutiva de delito.
Este recordatorio da Fundación Copyleft se debe a que a BIT actúa habitualmente contravindo as instrucións da Fiscalía Xeral do Estado e obedecendo ás posturas das acusacións particulares, polo que advirten que de reiterarse estas posturas os funcionarios que fagan isto último terán que facer fronte a unha querela da Fundación por prevaricación e, no seu caso, suborno. De realizarse unha detención contraria á Circular tamén se interporán querelas por detención ilegal.
A Fundación fai estas advertencias para deixar constancia de que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado teñen que someterse ó Ministerio Fiscal e non estar ó servizo de grupos empresariais.
A Fundación Copyleft insta á Policía a non actuar contra webs coma Sharemula.com
Compartir Este Artigo

