A nova edición dos Premios BOBs xa conta cunha selección de candidatos (ou finalistas) que suman un total de 150 destacando a presenza española e galega, que foron máis aló da categoría de Mellor Weblog en español, que contou con 868 candidaturas e que conta con varios blogs arxentinos con moitas posibilidades de facerse co galardón correspondente.
Podemos destacar a presenza de La Cárcel de Papel na categoría de Mellor Weblog, de xeito que o blog sobre comics por excelencia en España podería acadar un recoñecemento moito máis amplo; nas categorías audiovisuais tamén temos os podcasts Comunicando e Ladridos al Amo e os videoblogs Joan Planas e Dosis Diaria (Mobuzz TV); o Manifestómetro aparece coma candidato ó Premio Reporteiros Sen Fronteiras e, na mencionada categoría de blog en español, temos que tanto Microsiervos (cun autor coruñés) como A mis 95 años (da muxiá María Amelia) poderían facerse cun recoñecemento máis, aínda que o mero feito de ser candidatos ós premios mundiais da blogosfera fai que a súa valía e sona se dea a coñecer globalmente. Podemos lembrar que os galegos xa foron moi afortunados no pasado nestes premios organizados por Deutsche Welle.
Publican a listaxe de candidatos ós Premios BOBs
Compartir Este Artigo

