A Asociación Galega de Empresas TIC, Agestic, está a promover un curso de Inglés Comercial de balde para que as empresas TIC galegas se relacionen neste idioma cos seus clientes e proveedores internacionais.
O devandito curso está cofinanciado pola Consellaría de Innovación e Industria, dentro do programa de axudas á Internacionalización, e baséase nunha plataforma de código aberto desenvolvida pola empresa lucense Contidos Dixitais.
Con el, Agestic pretende que os empresarios e os técnicos das empresas galegas coñezan o vocabulario máis elemental do inglés dende a súa casa ou traballo así como os recursos existentes na Rede e no tecido social para a internacionalización das PEMES, tales como tradutores automáticos, contextuais, xurados…
Asemade, este curso en liña de 15 horas de duración vaille servir ós usuarios para elaborar documentos comerciais a nivel básico como correos de presentación, peticións de produto, reclamacións de impagos, devolucións… e para comprender a información que aparece en inglés nas webs de empresas internacionais.
Os interesados deberán enviar os seus datos persoais á dirección de correo electrónico, tecnicos@agestic.org dende onde se lles enviará unha contrasinal para acceder ó devandito curso.
Agestic promove un curso en liña de inglés comercial dirixido ás empresas TIC galegas
Compartir Este Artigo

