A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da páxina web www.galegoelogo.com vai por en marcha, ó longo de todo o mes de novembro, unha nova iniciativa de participación para darlle cabida á creatividade e ó humor dos internautas a través dun concurso de epitafios.
No devandito concurso, o xurado valorará as propostas máis orixinais e desenfadadas dos participantes, que a partires de mañá día 1 de novembro, poderanse inspirar con exemplos expostos na web da campaña.
Esta iniciativa tan retranqueira está enfocada á mocidade e supón unha actualización do noso xeito de tratar os temas serios e trascendentais a través das novas tecnoloxías e asemade, responde ós obxectivos marcados polo Plan xeral de normalización da lingua galega para promocionar o idioma entre os mozos e mozas galegos.
Os internautas que participen nesta iniciativa van recibir a súa creación para poder ser empregada como fondo de pantalla no teléfono móbil e os seus epitafios poderán verse pendurados na web da campaña.
Política Lingüística convoca un concurso de epitafios a través de Internet
Compartir Este Artigo

