A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Instituto Europeo de Administración Pública vén de presentar unhas xornadas sobre Administración Electrónica dende unha perspectiva comparada, na que tamén participa o Centro Europeo das Rexións de Barcelona. Os devanditos encontros terán lugar os vindeiros 15 e 16 de novembro no salón de actos da EGAP e van dirixidos ós empregados públicos, técnicos e investigadores relacionados coa implantación das TIC, coa modernización e coa simplificación do sector público de Galicia.
As solicitudes para participar deberán presentarse antes do 13 deste mes e as persoas inscritas que acudan como mínimo ao 85 por cento das horas lectivas recibirán un certificado de asistencia.
No acto trataranse temas como a política comunitaria sobre a sociedade da información e as TIC, a interactividade e a xestión pública, os retos de procedemento administrativo electrónico e as novas relacións entre o poder público e a cidadanía -eGovernment 2.0 (blogs/wikis/second life).
Os obxectivos deste simposio son afrontar os desafíos da sociedade do coñecemento a través do debate e o intercambio de ideas de profesionais e investigadores de prestixio.
A EGAP convoca unhas xornadas sobre e-Administración
Compartir Este Artigo

