A empresa Repsol e a Dirección Xeral de Turismo veñen de presentar a versión en galego do portal de Internet repsolipf.com que, ademais do castelán, conta cunha versión en catalán e outra en éuscaro. A compañía convértese deste xeito na primeira empresa española do selectivo índice bursátil IBEX 35 que incorpora unha versión íntegra do seu portal nas linguas oficiais do Estado distintas do castelán.
No acto de presentación da devandita web, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, os representantes de Repsol comprometéronse coa sociedade galega e aseguraron “apoiar e fomentar a cultura de Galicia a través de importantes actuacións como patrocinios e mecenados así como o apoio incondicional á lingua”.
Nos seus sete anos de vida, a evolución do portal consolidou a repsolypf.com como un espazo web de certa repercusión en España ó superar os 125 millóns de páxinas vistas, 6 millóns de visitas e máis de 3,6 millóns de usuarios únicos ó longo deste ano 2007.
Amais de lanzar a web en galego e noutros dous idiomas máis, o novo deseño da web de Repsol (máis moderno e doado de usar) presenta novos avances en materia de accesibilidade e permite adoptar os estándares establecidos para facilitarlle a navegación a persoas con discapacidade; ademais mellora a seguridade e a velocidade de navegación e optimiza a xestión dos contidos.
Repsol IPF presenta en Santiago a versión da súa web en galego
Compartir Este Artigo

