Os posuidores dun iPhone ou dun iPod Touch xa non só poden rememorar os xogos da vella consola NES, senón que agora tamén se poden achegar os xogos de GameBoy Advance a través da aplicación gpSPhone que xa ten unha versión 0.0.5, ou sexa, que aínda está pouco madura, pero que xa permite botar partidas con algúns títulos, aínda que o son non funcione correctamente e a interface de uso sexa moi mellorable.
A emerxencia de emuladores para os dispositivos tipo iPhone o que fan principalmente é incrementar a oferta de lecer para estres trebellos antes de que lancen xogos nativos de peso para os mesmos, pois ata o momento os xogos dispoñibles son moi básicos.
Podemos ver un vídeo co funcionamento deste emulador de GameBoy Advance:
O iPhone xa permite reproducir xogos de GameBoy Advance
Compartir Este Artigo

