Coa finalidade de ofrecerlles ós seus clientes uns prezos máis competitivos, a axencia galega de viaxes (con sede na cidade de Vigo) por Internet Buscadestinos.com vén de ampliar a súa selección de ofertas especiais de hoteis.
Trátase de ofertas de todo tipo e para tódolos gustos, que inclúen dende a posibilidade de pasar uns días de relax nalgún hotel apartado do centro urbán ata fuxidas para practicar distintos deportes de aventura ou de montaña.
En canto á extensión xeográfica, a nova, esta nova oferta abrangue todo o territorio do Estado español así como os principais destinos turísticos de Portugal.
Os hoteis ofertados están agora organizados por tipo, de xeito que se distribúen en distintos bloques tales como hoteis rurais, hoteis de ski, hoteis en Algarbe, Balnearios.
A galega Buscadestinos.com lanza unha nova selección de ofertas de hoteis
Compartir Este Artigo

