
No acto de presentación interviñeron Jacobo Bermejo, conselleiro delegado de Tórculo, e Fausto Isorna, deseñador gráfico e director artístico da revista Golfiño, coincidindo antes ó destacar que esta iniciativa «xurdiu na crecente importancia que o deseño está a ter en Galicia».
O tema deste primeiro certame será a creación do logotipo conmemorativo dos 25 anos de vida de Tórculo baixo o lema «25 anos de boas impresións», podéndose presentar as obras dende o 27 de novembro ó 30 de xaneiro de 2008, levándose ó gañador un premio de 3.000 euros elixido por un xurado composto por persoeiros do mundo da comunicación e do deseño gráfico en Galicia como Javier Otero (director da Cadena SER de Compostela), Pepe Barro (Revista Deseño), Chema Díaz (Bap Conde), José Manuel Rei (director do Correo Galego) e Fausto Isorna (deseñador gráfico, debuxante e ilustrador).
Presentan un novo concurso para deseñadores galegos
Compartir Este Artigo

