Windows Vista está a ter problemas para suceder a Windows XP, de xeito que Microsoft está a preparar un novo paquete de actualización para o seu sistema operativo máis usado, que podería ser unha grande sorpresa para o usuario, xa que certas probas reflicten que o Service Pack 3 para XP incrementaría o rendemento do sistema operativo un 10%.
Por outra banda, a versión de proba do SP1 para Windows Vista non parece mellorar o rendemento dos equipos informáticos, polo que se confirma a tesa de que o principal competidor de Vista non é outro que XP, que continúa a ser unha plataforma moi consolidada.
Windows XP mellorará o seu rendemento co Service Pack 3
Compartir Este Artigo

