NEC quere revolucionar o xeito de levar os contidos ós usuarios, e desenvolveu un sistema de distribución baixo demanda do material almacenado nun servidor central e accesible a varios clientes baseados nun ordenador ultraportátil e que se comunicarían mediante tecnoloxía WiMAX.
Esta nova tecnoloxía recibe o nome de Lui, e permitiría achegar os contidos do servidor a televisores ou outros dispositivos, propóndose coma clientes un portátil cunha pantalla de 10,6 polgadas con resoluxión WSXVGA e só 650 gramos de peso ou unha PDA cunha pantalla de 4,1 polgadas e resolución WVGA e 250 gramos de peso.
Polo momento non parece que esta tecnoloxía chegue moito máis aló do Xapón (en boa medida porque a conectividade WiMAX aínda non está espallada globalmente) pero supón unha interesante proposta para o consumo de contidos mediante redes sen fíos.
Presentan no Xapón unha solución de difusión de contidos baseada en WiMAX
Compartir Este Artigo

