No marco do Plan Impacto, organizado por EGANET en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, hoxe, martes 12 de decembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago, o relatorio EDI e factura dixital: unha oportunidade para as Pemes, ofrecido por Xosé Guerra, director comercial da empresa galega TLR.
A sesión está aberta a tódolos profesionais interesados en asistir e nela abordarase a implantación do sistema estándar de comunicación EDI (IntercambioElectrónico de Datos) e as vantaxes da factura dixital, con validez legal en toda Europa, que permite aforrar e mellorar os procesos administrativos na xestión das empresas.
O emprego da devandita ferramenta comeza a regularizarse, operando como un mecanismo que pode revolucionar os modelos de xestión administrativa e darlle pulo ó comercio electrónico.
Xornada sobre EDI e factura dixital en Santiago de Compostela
Compartir Este Artigo

