
A nova versión da web de Pownce permite remitir entradas dende terminais de telefonía móbil con navegador de Internet. Aínda está nunha fase pouco madura, pero o feito de que se poida acceder ó servizo dende terminais populares coma o iPhone engade atractivo a unha práctica que nos permite informar ós nosos seguidores das nosas actividades, das webs que recomendamos ou mesmo serve para axudar á organización de encontros, aínda que polo momento non ten moitos seguidores a nivel mundial (aínda que en Silicon Valley xa se ve como a alternativa máis sólida a Twitter).
Pownce estrea unha versión móbil do seu servizo de microblogging
Compartir Este Artigo

